As flores, a base da apicultura.

Sen flores nin auga preto, as abellas non se desenvolven. Durante a primavera e verán as abellas saen visitar as flores, das que recollen a materia prima para elaborar o seu alimento (o pole e o néctar), polinizando as flores e colaborando na fecundación das plantas, co que aseguran a pervivencia da flora silvestre e incrementan as colleitas dos cultivos tanto en cantidade coma en calidade.

A nosa finca sitúase no interior de Galicia, a mais de 700 m de altitude, no monte Farelo, no concello de Agolada.

As flores que nos ofrece o monte, son na súa mairoría o breixo e a xesta.

As silvas, os estalotes, as leitarugas e as flores silvestres espontáneas, tamén teñen o seu papel destacado, coas cales temos especial coidado á hora de facer o mantemento e desbroces oportunos, para non danalas.

Pero a maior porcentaxe que aparece no noso mel é o castiñeiro, que lle proporciona ás abellas importantes cantidades de néctar e pole.

Como resultado deste tesouro que nos ofrece a natureza, obtemos un mel con alto porcentaxe de castiñeiro, cor ámbar escuro e sabor inteso e doce.

Produto engadido á lista de desexos