MERCAR MEL
DAS NOSAS COLMEAS A TI
Mel e produtos da colmea
7,50 €
Mel cru galego. Alto porcentaxe de castiñeiro, con toques de breixo.
Sabor intenso. Cor marrón avermellada, que recorda o caramelo cando cristaliza.
Obtida do monte Farelo, no concello de Agolada.
Bote 500 gr.
Mel e produtos da colmea
Bálsamo labial con mel
3,00 €
Bálsamo labial con mel e cera das nosas propias colmeas.
Ingredientes 100% naturais. Cosmética orgánica, libre de químicos.
Mel e produtos da colmea
Vela de cera de abella
2,50 €
Vela feita con cera das nosas abellas e mecha de algodón ecolóxico.
Ó ser un produto 100% natural, non emite sustancias tóxicas na combustión.
Medidas: 4,7 cm de diámetro x 3,5 cm de alto.
Mel e produtos da colmea
Velas de cera de abella
5,50 €
Packs de dúas velas feitas con cera das nosas abellas e mecha de algodón ecolóxico.
Ó ser un produto 100% natural, non emite sustancias tóxicas na combustión.
Vela pequena: 4,7 cm de diámetro x 3,5 cm de alto. Vela mediana: 4 cm de diámetro e 5 cm de alto.
Mel e produtos da colmea
Ceras aromáticas
3,50 €
Ceras aromáticas con aroma a mel. 100% cera das nosas abellas.
Preséntase nunha caixiña kraft que podes reutilizar.
Ao queimar a cera, poden verse restos orgánicos, esto é debido a que non usamos ningún químico para limpala.
Mel e produtos da colmea
Mel cremado multifloral
6,00 €
O mel crema obtense do batido do noso propio mel cru multifloral. Este batido faise lentamente, a baixa temperatura.
Trátase dun cristalizado controlado, onde non se alteran nin as propiedades nin a calidade do produto.
Para manter unha textura óptima, recomendamos conservalo a uns 14º máximo.
Peso neto: 280 g.
Mel e produtos da colmea
Pack 3 envoltorios eco
15,00 €
Envoltorios eco feitos con algodón orgánico e cera das nosas abellas.
Unha boa alternativa para envolver os teus alimentos, sen usar plásticos, nin papel de aluminio.
Tamaños: 32x32; 35x35; 32x37 cm. Reutilizables e lavables.
Mel e produtos da colmea
Pack meles + culler
15,00 €
Pack para os amantes do mel, inclúe: 1 bote de mel cru de 500 g. 1 bote de mel crema de 280 g. 1 culler de madeira.
Presentado nunha bonita caixa.
AS NOSAS ABELLAS
As abellas son insectos sociais que viven formando enxames ou colonias cunha abella raiña (nai), algúns centos de abázcaros (machos) e unhas 50.000 obreiras (femias fértiles).