Tenda

Mel cru de Galicia. Ademais podes atopar velas de cera de abella, envoltorios de cera reutilizables, bálsamo labiarl de mel, e outros produtos das nosas colmeas.

Mel cru de flores

Mel cru galego. Alto porcentaxe de castiñeiro, con toques de breixo. Sabor intenso. Cor marrón avermellada, que recorda o caramelo cando cristaliza. Obtida do monte Farelo, no concello de Agolada. Bote 500 gr.
7,50 €

Mel crema para untar

O mel crema obtense do batido do noso propio mel cru multifloral. Este batido faise lentamente, a baixa temperatura. Trátase dun cristalizado controlado, onde non se alteran nin as propiedades nin a calidade do produto. Para manter unha textura óptima, recomendamos conservalo a uns 14º máximo. Peso neto: 280 g.
6,00 €

Mel en panal

Mel en panal 100% natural. Introducimos os cadros na propia colmea para non intervir no proceso produtivo. As abellas constrúen o panal coa súa cera, e vano enchendo de mel, operculando as celdas cando o mel está no seu punto óptimo de humidade. Medidas: 12x12x5,5 cm.  Peso 350 - 400 g.
15,00 €

Tarro mel mini con culler

Tarro de mel cru galego. Inclúe culler de madeira. Decorado con tela floral, e unha abelliña dourada. Os estampados das telas poden variar. Pódense facer as etiquetas personalizadas para vodas e eventos.
3,50 €

Vela de cera de abella

Vela feita con cera das nosas abellas e mecha de algodón ecolóxico. Ó ser un produto 100% natural, non emite sustancias tóxicas na combustión. Medidas: 4,7 cm de diámetro x 3,5 cm de alto.
2,50 €

Velas de cera de abella

Vela de cera de abella e mecha de algodón ecolóxico. Cera de produción propia. Ó ser un produto 100% natural, non emite sustancias tóxicas na combustión. Medidas: 4 cm de diámetro e 5 cm de alto.
3,00 €

Pack aromaterapia natural

Pack de aromaterapia natural. Inclúe: 2 caixas de ceras aromáticas, 2 velas de cera de abella e 2 queimador. Aromatiza o teu fogar sen químicos. 100 % natural.
15,00 €

Bálsamo labial con mel

Bálsamo labial con mel e cera das nosas propias colmeas. Ingredientes 100% naturais. Cosmética orgánica, libre de químicos.
3,00 €

Envoltorios eco (pack 3)

Envoltorios eco feitos con algodón orgánico e cera das nosas abellas. Unha boa alternativa para envolver os teus alimentos, sen usar plásticos, nin papel de aluminio. Tamaños: 32x32; 35x35; 32x37 cm. Reutilizables e lavables.
15,00 €

Envoltorios eco (pack 2)

Envoltorios ecolóxicos feitos con algodón orgánico e cera das nosas abellas. Unha boa alternativa para envolver os teus alimentos, sen usar plásticos, nin papel de aluminio. Tamaños: 32x32; 35x35 cm. Reutilizables e lavables.
12,00 €

Ceras aromáticas

Ceras aromáticas con aroma a mel. 100% cera das nosas abellas. Preséntase nunha caixiña kraft que podes reutilizar. Ao queimar a cera, poden verse restos orgánicos, esto é debido a que non usamos ningún químico para limpala.
3,50 €

Caixa "Bicos"

Caixa agasallo para os amantes do chocolate e o mel. Inclúe bombóns de chocolate e mel crema, mel cru e unha bonita postal decorativa.
19,50 €
Produto engadido á lista de desexos