MERCAR MEL
DAS NOSAS COLMEAS A TI
Tenda
Mel cru de flores
7,50 €
Mel cru galego. Alto porcentaxe de castiñeiro, con toques de breixo.
Sabor intenso. Cor marrón avermellada, que recorda o caramelo cando cristaliza.
Obtida do monte Farelo, no concello de Agolada.
Bote 500 gr.
Tenda
Mel crema para untar
5,50 €
O mel crema obtense do batido do noso propio mel cru multifloral. Este batido faise lentamente, a baixa temperatura.
Trátase dun cristalizado controlado, onde non se alteran nin as propiedades nin a calidade do produto.
Para manter unha textura óptima, recomendamos conservalo a uns 14º máximo.
Peso neto: 280 g.
Tenda
Mel en panal
14,00 €
Mel en panal 100% natural. Introducimos os cadros na propia colmea para non intervir no proceso produtivo.
As abellas constrúen o panal coa súa cera, e vano enchendo de mel, operculando as celdas cando o mel está no seu punto óptimo de humidade.
Medidas: 12x12x5,5 cm. Peso 350 - 400 g.
Inicio
Tarro mel mini con culler
3,50 €
Tarro de mel cru galego. Inclúe culler de madeira.
Decorado con tela floral, e unha abelliña dourada.
Os estampados das telas poden variar.
Pódense facer as etiquetas personalizadas para vodas e eventos.
Tenda
Vela de cera de abella
2,50 €
Vela feita con cera das nosas abellas e mecha de algodón ecolóxico.
Ó ser un produto 100% natural, non emite sustancias tóxicas na combustión.
Medidas: 4,7 cm de diámetro x 3,5 cm de alto.
Tenda
Velas de cera de abella
3,00 €
Vela de cera de abella e mecha de algodón ecolóxico. Cera de produción propia.
Ó ser un produto 100% natural, non emite sustancias tóxicas na combustión.
Medidas: 4 cm de diámetro e 5 cm de alto.
AS NOSAS ABELLAS

As abellas son insectos sociais que viven formando enxames ou colonias cunha abella raiña (nai), algúns centos de abázcaros (machos) e unhas 50.000 obreiras (femias fértiles).