AS ABELLAS

Indivíduos da colmea.

As abellas, son insectos sociais que viven formando enxames ou colonias cunha abella raíña (nai), algún centos de abázcaros (machos) e unhas 50.000 obreiras (femias estériles).

Importa a colectividade, e non os individuos, o que leva a unha serie de características:

  • Fluída comunicación entre todos os individuos do grupo.
  • Nai común (raíña) e mesmo espazo físico (colmea).
  • Funcións específicas de cada individuo, traballo organizado.

É unha sociedade matriarcal e fundamentalmente femenina, xa que os machos únicamente chegan a representar un 2-3% da poboación total.

As abellas recollen nas flores néctar e melatos para elaborar o mel, que ten unha función de alimento enerxético, e á vez recolectan pole dos estames das flores, que terá unha función proteica. A maiores tamén colleitan própole, un antibiótico natural para dar consistencia e hixiene á súa casa.

Unha abella debe visitar de 150 a 200 flores para encher o seu papo de néctar. Para producir un quilo de mel, unha abella debería visitar entre 7 e 11 millóns de flores.

A COLMEA

A colmea é un habitáculo onde se desenvolve a colonia de abellas, o enxame.

As abellas carrexan a materia prima que recollen nos campos para a súa casa, onde elaborarán e almacenarán os produtos que lle serven para o seu sustento.

As colmeas máis utilizadas, e coas que nós traballamos, son as de alzas, onde a primeira caixa é a cámara de cría, e as alzas superiores son almacéns de mel.

O niño (cámara de cría) debe estar en boas condicións de humidade e cunha temperatura constante de 34°C.

Product added to wishlist