As flores, a base da apicultura.

Sen flores preto, as abellas non se desenvolven. Durante a primavera e verán as abellas saenvisitar as flores, das que recollen a materia prima para elaborar o seu alimento, polinizando as flores e colaborando na fecundación das plantas, co que aseguran a pervivencia da flora silvestre e incrementan as colleitas dos cultivos tanto en cantidade coma en calidade.

A nosa finca sitúase no interior de Galicia, a mais de 700 m de altitude, no monte Farelo, no concello de Agolada.

As Colmeas

As colmeas máis utilizadas, e coas que nós traballamos, son as de alzas, onde a primeira caixa é a cámara de cría, e as alzas superiores son almacéns de mel.

As flores do mel que nos ofrece o monte, son na súa mairoría flores silvestres espontáneas. Onde destaca especialmente o breixo, tamén denominada uz, base da nosa produción melífera.

As silvas tamén teñen o seu papel destacado, coas cales temos especial coidado á hora de facer o mantemento e desbroces oportunos, para non danalas. Florecen nos meses de xuño e xullo, e producen néctar e pole abundantes.

Xestas e toxos, moi presentes tamén, complementan o sabor, cor e textura do noso mel.

En menor porcentaxe, e debido á altitude da zona, podemos atopar castiñeiros, que lle proporcionan ás abellas importantes cantidades de néctar, melatos e pole.

Na zona mais baixa do monte, en prados e leiras, danse plantas como o trevo branco, árbores froiteiras, dente de león, xaramagos, nabos, salgueiros,... que tamén se poden ver na nosa propia finca, e que complementan e aportan mais matices e sabor ó noso mel.

Como resultado deste tesouro que nos ofrece a natureza, obtemos un mel de características únicas, sabor doce e cor ámbar.

Product added to wishlist